Poden contactar coa Axencia Galitur (ver web) para reservar tanto a viaxe como o aloxamento.
Email: info@viaxesgalitur.com
Teléfono: +34981580408
VIAXE
EN AVIÓN
O aeroporto Santiago de Compostela-Rosalía de Castro, situado en Lavacolla (a 14 km da sede do III Congreso MUSAM), conta con voos dende e cara a diferentes puntos da xeografía peninsular ibérica e europea (reservar billete). En Galicia atópanse ademais o Aeroporto da Coruña en Alvedro (a 50 km da sede do III Congreso MUSAM; reservar billete) e o Aeroporto de Vigo en Peinador (a 80 km da sede do III Congreso MUSAM; reservar billete). Para vir dende América, adóitase viaxar ao aeroporto Adolfo Suárez-Madrid Barajas (reservar billete) ou ao Aeroporto de Porto (reservar billete) e dende alí facer transbordo dirección Galicia.
EN TREN
Compostela posúe unha estación ferroviaria xestionada por RENFE. Sitúase na Rúa do Hórreo, a tan só 15 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM. A estación mantén conexións directas con case todas as cidades galegas, así como con urbes do resto da Península Ibérica, especialmente Madrid (reservar billete).
EN BUS
A estación de bus de Santiago está anexionada á de tren (intermodal). Consta de ligazóns a diferentes cidades españolas e portuguesas. As viaxes son levados a cabo fundamentalmente polas empresas Monbús (reservar billete) e Alsa (reservar billete).
EN COCHE
Compostela está ben comunicada por estrada con outras poboacións. Destacan especialmente as vías AG-53, AG-54, AG-55, AG-56, AP-9 e AP-53 (ver rede de estradas).
ALOXAMENTO
A continuación, móstrase unha selección de lugares recomendados con diferente categoría e prezo. Todos eles sitúanse preto da sede do III Congreso MUSAM.
ECONÓMICO
Pensión Residencia Fonseca (reservar habitación): a 4 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Pensión Residencia Fornos (reservar habitación): a 4 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Hotel Santa Clara (reservar habitación): a 10 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
GAMA MEDIA
Hotel Pazo de Altamira (reservar habitación): a 3 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Hotel Praza Quintana (reservar habitación): a 4 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Hotel San Miguel (reservar habitación): a 7 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
GAMA ALTA
Hostal dos Reis Católicos (reservar habitación): a 7 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
San Francisco Hotel (reservar habitación): a 9 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Eurostars Araguaney (reservar habitación): a 10 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Poden atoparse moitos máis aloxamentos en plataformas como Booking, Expedia, Trivago ou Tripadvisor.
COMIDA
Aquí dispóñense diferentes restaurantes composteláns. Son moi variados en tipoloxía, pero de excelente calidade todos eles.
Restaurante del Hotel Arco de Mazarelos (ver carta): a 1 minuto camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Restaurante O Piorno (ver carta): a 1 minuto camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Restaurante Pepe Payá (ver carta): a 1 minuto camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
La Pepita Burger Bar (ver carta): a 5 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Restaurante A Moa (ver carta): a 7 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Restaurante O dezaseis (ver carta): a 7 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Mercado La Galiciana (ver carta): a 8 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Restaurante El Camelio (ver carta): a 18 minutos camiñando da sede do III Congreso MUSAM.
Restaurante del NH Collection Compostela (ver carta): a 20 minutos da sede do III Congreso MUSAM.
MOVILIDADE
A mellor opción para desprazarse por Santiago de Compostela é a pé, especialmente no casco antigo, onde hai restricións ao tráfico rodado (disfrutará así con tranquilidade dunha cidade Patrimonio da Humanidade!). Nos barrios darredor circula o bus urbano (ver web) e tamén funciona o servicio de taxis (ver web) e radiotaxis (ver web).